A estrada de Vilasuso a Tallo tamén se asfaltou con Fondos Agader. O Goberno municipal comprobou a limpeza previa de Vilasuso dirección Tallo. O Alcalde sabe que “o tramo é insuficiente; hai que arranxar ata a Bugalleira, onde puxéramos tubos e lle déramos ancho á pista. Pero este tramo é un paso adiante!.
Tallo era unha das parroquias que menos investimento recibía do Concello de Ponteceso. Coa chegada da auga da traída, o sobreancho de varias pistas con tubos, o aglomerado de Pardiñas e As Casas Novas, e a reforma da Praza da Bugalleira, ademais de outros aglomerados na Bugalleira e na estrada á Salgueiras, esta parroquia pasou a ser das primeiras en investimento. Tamén se aglomerou e sinalizou a estrada da Bugalleira a Langueirón.