Voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Ponteceso coordinaron o acceso seguro anti COVID-19 todos os días de expedición e recollida de DNI no municipio. A Policía Nacional agradeceu a boa organización.
O Concello de Ponteceso agradece a labor da agrupación. Máis de 100 persoas pasaron polo Concello para a expedición ou renovación do DNI.