A moción de censura presentada hoxe no Concello de Ponteceso non cumpre os requisitos legais. Fago un chamamento á cordura da corporación municipal de Ponteceso.
Como Alcalde, estou dedicado todos os días ao progreso do noso Concello, nun momento moi complicado para a saúde e a economía da nosa xente.
Pido aos e ás asinantes da moción de censura que desistan no seu intento de suplantar a vontade dos electores expresada nas urnas. Cando cheguen as próximas eleccións, poderán presentarse e o electorado falará. Ata entón, temos que chegar a acordos que favorezan os intereses dos veciños e veciñas de Ponteceso. A miña porta continúa, sempre, aberta.
Xosé Lois García Carballido
Alcalde de Ponteceso