Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Un gran muro de 45 metros de longo e case 3 de alto evitará o derrubamento dunha vía en Niñóns pola que pasa o camión do lixo

As obras están financiadas pola Deputación Provincial da Coruña e satisfarán unha das principais demandas dalgunhas asociacións de Ponteceso

A construción dun gran muro de contención en Niñóns e o futuro arranxo da estrada que se vai acometer evitará o que podía ser un posible accidente coa caída do camión de lixo polo terraplén dunha pista que se atopaba en malas condicións ata o de agora.

As accións que se están a realizar consisten fundamentalmente na pavimentación dunha superficie de 295 m² dos viarios interiores con 15 cm de formigón desactivado delimitado con franxas de adoquín granítico, previa demolición do pavimento existente.
Baixo este canalizaranse 60 m de tubaxes de PVC Ø400 para pluviais e de PVC Ø315 para saneamento cos seus correspondentes pozos e arquetas.
No viario de acceso anexo, paviméntase con 5 cm de aglomerado en quente previo bacheo do mesmo con 10 cm de grava e rega semiprofunda e ensache de 1,6 m nunha lonxitude de 45 m. Tamén se está a executar a construción dun muro de escollera cunha altura máxima de 3 m. Sobre este muro disporanse, a modo de barreira, perpiaños de pedra granítica. En toda a lonxitude da actuación, 185 m, deixarase prevista a canalización de alumeado público con tubaxe de PVC Ø80 e 6 arquetas. Complétase a actuación co pintado das marcas viais no treito aglomerado.

Estas obras, financiadas pola Deputación Provincial da Coruña, son a principal demanda da asociación de Brantuas, Niñóns e Os Ánxeles A Nosa Señora do Faro, e tamén da Cofradía do Faro de Brantuas.O ensanchamento da estrada é posible grazas á cesión desinteresada dun propietario, veciño de Niñóns.

Esta obra complementa o ambicioso plan de mellora de estradas na parroquia: da Igrexa de Brántuas ao cruce de Niñóns e ramal pola escola á estrada a Corme; aglomerado de Niñóns ao cruce da Praia; sobreancho da estrada Campara - Capela de Niñóns e muros de contención de granito cerca da capela; arranxo das pluviais e pista de cemento en Brántuas de Abaixo cara o faro para evitar as inundacións; mellora da pista deportiva; sobreanchos diante da Asociación e postes para evitar o acceso dos coches; limpezas de gabias na parroquia; e arranxo da pista de zahorra do Faro a Guxín, entre outras.

Concello de Ponteceso