Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Balance positivo de visitas ao Museo de Arte Contemporánea de Corme (Ponteceso) durante a Semana Santa

Desde o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO) queremos agradecer a todas as persoas que se achegaron a Corme, no Concello de Ponteceso, ao longo da Semana Santa. O balance de visitas ao museo foi moi positivo, tendo en conta que acababa de reabrir despois de estar varios meses pechado debido ás restricións provocadas pola pandemia do COVID-19.

O MACCMO recibiu visitas de varios puntos da Comunidade Autónoma, destacando as provincias da Coruña e Lugo. De entre estas visitas, destaca unha moi espcial, a de Blanca Pujales e o seu marido Juan, que estiveron pasando uns días en Corme. Blanca é a única irmá de Julio Pujales que continúa viva. Julio Pujales (A Coruña, 1939-Madrid, 1998) é o pintor que constitúe o xerme que dá orixe ao MACCMO.

Concello de Ponteceso