Durante os próximos días 21, 22 e 23 de abril, poderase renovar o DNI en Ponteceso. As prazas serán limitadas, polo que as solicitudes se asignarán por orde de inscrición.
Para realizar a renovación, serán necesarios os seguintes datos: nome e apelidos,número do DNI, enderezo, teléfono e 2 fotografías. Ademais, se cambiaches de enderezo desde a última renovación precisarás tamén un volante de empadroamento. Para as solicitudes de DNI por primeira vez, tamén se precisará o certificado de nacemento e o volante de empadroamento.
As inscricións pódense realizar contactando co Concello de Ponteceso (981 714 000) ou coa oficina municipal de Corme (981 738 428).
Descargas asociadas