A axuda pode solicitarse ata o 31 de marzo do 2021
Un ano máis, o Concello de Ponteceso pon á disposición das familias numerosas residentes no municipio beneficios fiscais, como a bonificación correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, cuxo prazo de solicitude xa está aberto desde o pasado 1 de xaneiro.
Todas aquelas persoas interesadas neste importante desconto deberán reunir tres condicións: estar empadroadas no Concello de Ponteceso, posuír o título de familia numerosa e ser propietarios/as dun ben inmoble de natureza urbana, obxecto da axuda.
As familias que cumpran estes tres requisitos poderán solicitar a bonificación, que ascenderá ao 90% da cota íntegra, ata o 31 de marzo deste 2021. Os/as solicitantes deberán dirixirse ao Concello de Ponteceso (981 714 000) para presentar a súa instancia no departamento de Servizos Sociais.
Xunto coa solicitude, deberase achegar a seguinte documentación: fotocopia compulsada do DNI da persoa solicitante, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, fotocopia compulsada do documento acreditativo da propiedade do ben inmoble, e volante de empadroamento no concello de Ponteceso.