O operativo de Protección Civil de Ponteceso actuou hoxe, luns 4 de xaneiro, nos areais do municipio. En concreto, retirou os exemplares de carabela portuguesa atopados nas praias de Niñóns e A Barda.
O Concello de Ponteceso decretou onte o peche dos areais da localidade como medida de precaución, despois de que se detectase a presenza desta especie. Actualmente, o acceso ás praias volve a estar permitido, aínda que é recomendable manter as medidas preventivas durante os próximos días.