Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os Reis Magos visitarán o pavillón de Ponteceso o próximo martes 5 de xaneiro

Debido á situación sanitaria, este ano a visita dos Reis Magos ao Concello de Ponteceso será un pouco diferente, pero coa mesma ilusión.

O martes 5 de xaneiro, de 18:00 a 20:00 horas, as Súas Maxestades farán unha parada no pavillón de Ponteceso para recibir a todos os nenos e nenas que desexen velos e conversar con eles.

Para garantir a seguridade, o saúdo aos Reis realizarase de forma individualizada. Á instalación poderán achegarse familias de conviventes, por quendas. O uso de máscara será obrigatorio, así como a desinfección de mans con xel hidroalcólico na entrada. Non se poderá tomar asento nin manter contacto físico para garantir a distancia de seguridade

Concello de Ponteceso