O Concello de Ponteceso presenta as actividades programadas para a celebración das festividades de Nadal deste ano.
O próximo martes 15 de decembro, ás 10:30 horas celebrarase un concerto didáctico, dirixido especialmente aos escolares, en aberto a través do Facebook do Concello.
O 19 de decembro, levarase a cabo unha homenaxe ao XIV concerto de panxoliñas a través dun concerto de panxoliñas online no Facebook do Concello, ás 19:30 horas.
O 21 de decembro, Papá Noel visitará a biblioteca municipal pola tarde. as prazas serán limitadas, polo que poderá reservarse a través do teléfono 659 431 242.
O 22 de decembro celebrarase un espectáculo de maxia de Nadal con Cayetano Lledó no Edificio das Escolas, ás 18:30 horas. Poderase reservar praza para asistir no teléfono 630 907 124..
O 23 de decembro o pavillón de Corme acollerá unha sesión de cine de Nadal ás 18:30 horas, e o 30 de decembro o cine de Nadal terá lugar no Edificio das Escolas de Ponteceso, ás 18:30 horas. Pódese reservar praza para ambas citas no teléfono 630 907 124.
O 5 de xaneiro, celebrarase a cabalgata dos Reis Magos polas parroquias de Ponteceso, con medidas de seguridade.
Ademais, as Súas Maxestades os Reis Magos enviarán cartas a todos os nenos e nenas, e as Escolas Municipais de Danza e Teatro felicitarán as festas.
Descargas asociadas