Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aforro de 21.375 euros no imposto de construción de cinco naves para aluguer con opción a compra no parque empresarial de Tella

A liquidación pola construción de cinco naves no parque empresarial de Tella para aluguer con opción a compra amosa un aforro de 21.375 euros no imposto e taxa para a construción das cinco naves.

O alcalde amosouse moi satisfeito coa iniciativa empresarial. "Trátase dun investimento privado histórico. Fixémonos no aforro fiscal: 813.543 euros de investimento equivalente, IVE e beneficio industrial incluídos, e só 2.250 euros de custe total, de licencia. Iso débese ás grandes bonificacións fiscais que temos no parque empresarial de Tella. Ademais, as empresas que veñan a estas naves dende a creación dun só emprego, xa terán bonficada a metade do IBI e o IAE a final de ano."

A tramitación está moi avanzada, de tal xeito que en xaneiro xa poderán estar as grúas traballando no parque empresarial. Deste xeito, dende só 635 euros ao mes máis IVE consultando condicións, durante dez anos, Tella será o único polígono con naves chave en man en aluguer con opción a compra.

Das cinco naves que ofrece a empresa, unha xa foi reservada por unha empresa de nova implantación en Ponteceso.

Concello de Ponteceso