Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa PEL Reactiva

As axudas poderanse solicitar a partir de mañá, mércores 11 de novembro, ata o próximo 25 de novembro de 2020

A partir de mañá, mércores 11 de novembro, poden solicitarse as axudas do programa PEL Reactiva, a través do espazo habilitado na sede electrónica do Concello de Ponteceso:
https://sede.ponteceso.gal/.../SolicitudAyudasPelReactiva

As axudas poderán solicitarse ata as 14.00 horas do día 25 de novembro de 2020.

O importe total da convocatoria ascende a 108.590,03 euros (86.872,02 € financiado pola Deputación Provincial de A Coruña e 21.718,01 € financiado con fondos propios municipales).

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

- Que se viran afectados polo peche disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo covid-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
- Que non se viran afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75% en relación co promedio efectuado no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.
- Que se viran no deber de acollerse a un ERTE, nos termos establecidos no RD 465/2020, del 17 de marzo.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Ter o seu domicilio fiscal no Concello de Ponteceso.
- Non atoparse en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios coa AEAT e coa TGSS.
- Non ter ningunha débeda co Concello de Ponteceso.
- Estar ao día no cumprimento dos deberes tributarios coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.
- Cumprir cos deberes establecidos na base 14ª das bases específicas reguladoras das axudas de concellos adheridos ao fondo de financiación para a reactivación económica e social da provincia (https://emprego.dacoruna.gal/lineas/lina-5-pel-reactiva/...)
- Persoas físicas: estar dado de alta no RETA ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista do colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do RD 463/2020, do 14 de marzo.
- Persoas xurídicas: a data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do RD 463/2020, do 14 de marzo.

Podes consultar un extracto das bases no seguinte enlace:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/10/2020_0000008091.html?fbclid=IwAR2JDG6Od4fuLGgKNqtIMsz9sk9VHgtS6nzAjTd7ff53U8s2DePaE-8DQ44

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso