Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso presenta as bases para o Plan de Emprego Social 2020-2021

O Plan de Emprego Social 2020-2021 do Concello de Ponteceso xa é unha realidade. Este Plan de Emprego supón a creación dunha Bolsa de Emprega e un mínimo de 10 contratos a tempo completo en períodos de 6 meses por un salario de 1.108,33 euros mensuais, na que os beneficiarios rotarán. Todas as persoas interesadas poden pedir cita en Servizos Sociais a través do teléfono 981 714 000.

A concelleira de Servizos Sociais, preocupada pola situación laboral dos parados e paradas de longa duración, especialmente no colectivo de mulleres e mozas menores de 30 anos, decidiu lanzar o primeiro plan de emprego social. ?Outras persoas en risco de exclusión social sofren dificultades no acceso ao emprego. Ao contrario, temos observado que ducias de traballadoras e traballadores que pasaron polo Concello de Ponteceso como operarios/as agora están insertados no mercado laboral? manifestou a concelleira.

Dada a situación actual, agravada pola incidencia do covid-19, cómpre acometer distintos traballos de competencia municipal, como limpeza de camiños e vías públicas municipais, e mantemento de edificios públicos, con carácter urxente, para o que non se conta con suficiente persoal municipal que poidan prestar este servizo. Grazas á política de contención do gasto, e a renuncia do alcalde ao soldo municipal, figura crédito suficiente para levar a cabo a contratación de 10 operarios de limpeza e outros labores afíns cada 6 meses. Aos 6 meses, contrataranse os seguintes da lista. Se conseguimos máis fondos, haberá moitas máis contratacións.

As bases reguladoras están publicadas en ponteceso.gal.

10 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MULTIPLES
Vaise crear con todas as persoas consideradas APTAS unha bolsa de emprego para substitucións, baixas ou necesidades sobrevidas nos servizos municipais. Nos últimos anos esgotáronse varias bolsas de emprego, polo que é moi recomendable presentarse a esta convocatoria.
A contratación vaise producir a tempo completo, evitando retribucións precarias, (1.108,33 euros mensuais ) baixo a modalidade contractual laboral temporal, contrato por obra ou servicio determinado de interese social, por un período máximo de 6 meses.

RETRIBUCIÓNS E DISTRIBUCIÓN HORARIA
As retribucións para percibir serán as correspondentes ao Salario Mínimo Interprofesional vixente en 2020, (950 euros mensuais + prorrata pagas extraordinarias 158,33 euros= 1.108,33 euros mensuais).

REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES
Non se esixe como requisito titulación mínima. Deberanse cumprir os seguintes requisitos:
1.- Deberán ter a condición de desempregados/as demandantes de emprego á finalización do prazo sinalado para a presentación das solicitudes, e en caso de ser seleccionados, tamén na data de contratación.
2.- Non ser beneficiarias nin perceptoras de prestación contributiva por desemprego à data de cumprimento dos requisitos.
3.- As rendas ou ingresos de calquera natureza da unidade familiar de convivencia non deben superar os seguintes límites en computo anual:
3.1 A contía do Salario Mínimo Interprofesional vixente no ano da convocatoria se a persoa solicitante é a única que integra a unidade familiar de convivencia. Para 2020 dita contía é de 13.300 euros en computo anual.
3.2 Dita contía incrementada nun 8 % por cada membro adicional da unidade familiar, ata unha máximo de 1,5 veces o SMI de referencia.
4. Ter nacionalidade española ou reunir os requisitos esixidos no art. 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
5. Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade mínima de xubilación forzosa.
6. Non padecer enfermidade ou estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible, impida ou menoscabe o normal desempeño das funcións propias do posto de traballo.
7. Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo en calquera Administración nin acharse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentenza firme.
8. Só poderá admitirse unha solicitude por unidade familiar. Se se presentase máis dunha, será admitida a primeira que se rexistre no Concello. Os requisitos sinalados entenderanse cumpridos á finalización do prazo sinalado para a presentación das solicitudes polas persoas destinatarias a excepción do requisito de estar en situación de desemprego, que será avaliado tamén á data de contratación.
9. Deberán acreditar o coñecemento da lingua galega por medio da presentación do certificado acreditativo de ter o CELGA 1 ou equivalente. Os candidatos que non o acrediten deberán realizar unha proba práctica de coñecemento da lingua galega, consonte ao establecido no artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no modelo
normalizado que se acompaña ao final das bases, (Anexo I), no rexistro xeral de entrada do Concello de Ponteceso, acompañadas da
documentación que se especifica a continuación:
- Copia do DNI da solicitante
- Copia do Libro de familia
- Certificado de Convivencia ou Informe de Vida Laboral emitido pola TGSS do solicitante e de todos os membros da Unidade Familiar maiores de 16 anos. A data de expedición deberá ser recente, como máximo de 15 días anteriores á data da presente convocatoria.
- Certificado do Servizo de Emprego Público Estatal de percibir ou non prestacións ou subsidios por desemprego, ou calquera outro tipo de axuda, do solicitante e de todos os membros da Unidade Familiar maiores de 16 anos ou Certificado da Seguridade Social de percibir ou non prestacións contributivas ou non contributivas, pensións ou calquera tipo de subsidio ou axuda, do solicitante e de todos os membros da Unidade Familiar.
- Outra documentación para presentar para a valoración de criterios de priorización: No suposto de solicitantes con discapacidade, a condición de que non sexa superior ao 33 por cento e non menoscabe a capacidade funcional para o posto de trabalo ao que opta, certificado de discapacidade do solicitante emitido polo organismo correspondente da Xunta de Galicia; ou certificado de Grao de Dependencia do solicitante; ou documentación que acredita a condición de vítima de violencia de xénero (mediante sentenza firme ou medida cautelar en vigor); Documentación que acredite problemas de saúde do solicitante pero que non menoscaben a capacidade funcional para o posto de traballo ao que opta; Documentación que acredite a condición de familia numerosa en vigor ou aquela que acredite ser familia monoparental ou, no seu caso, resolución de Renda básica de Inserción ou solicitante con proposta favorable por parte do servizo oficial correspondente.
- Fotocopia que acredite estar en posesión da correspondente titulación académica e, no seu caso, carné de conducir.
- Calquera outra documentación que acredite os criterios de priorización establecidos na Base Oitava.
Os servizos sociais municipais, previa cita, prestarán a axuda e apoio necesario aos solicitantes para poder presentar a documentación requirida xunto coa solicitude.
En todo caso, a Comisión de Selección será a encargada de dar validez á documentación presentada e terá potestade para admitila ou non para a súa valoración. A Comisión de Selección poderá solicitar de oficio a documentación necesaria que obre en poder deste Concello.
As fotocopias non é necesario que se presenten compulsadas. Só se esixirá ás persoas seleccionadas a presentación dos orixinais para a compulsa das copias correspondentes.
O prazo de presentación polos candidatos/ as da solicitude e da documentación que se indica, será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da aprobación e publicación da presente convocatoria. Os documentos que deban solicitarse a outras entidades/organismos e non poidan presentarse xunto coa solicitude, poderán presentarse ata o día antes da baremación, facendo constar dita circunstancia na solicitude.
A falsedade nalgún dato na documentación achegada polo/a solicitante, ou a omisión dos mesmos, supoñerá a exclusión do/da mesmo/a de o presente proceso selectivo.

SELECCIÓN DOS CANDIDATOS/AS
A selección dos candidatos admitidos realizarase mediante concurso, atendendo á situación socioeconómica e aos méritos alegados, e á adecuación ao posto de cada un dos candidatos/as, valorando e ponderando os seguintes aspectos:
1. Menores ingresos familiares e maiores responsabilidades familiares.
2. Circunstancias persoais e sociais que afecten á empregabilidade da persoa desempregada, consonte aos criterios de priorización para a selección.
3. Tempo en situación legal de desemprego
4. As responsabilidades familiares determinaranse polo cociente entre os ingresos familiares netos e o número de membros da unidade familiar.

PROBA PRÁCTICA
Para garantir a capacidade e a adecuación ao posto de traballo os candidatos realizarán un pequena proba práctica, que consistirá no uso de material/maquinaria que terán que empregar no seu traballo, material de limpeza, rozadora, etc. A cualificación outorgada será de APTO ou NON APTO, quedando excluídos do proceso os aspirantes que non acaden a cualificación de apto. Para a realización desta proba a Comisión de Selección poderá solicitar a colaboración de persoal experto na materia, o cal asesorará e elevará a cualificación outorgada a cada aspirante.

COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA
En cumprimento do establecido no artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega aos candidatos que non acreditaran estar en posesión do CELGA 1 ou equivalente, e consistirá na tradución do galego ao castelán, ou inversa, dun texto facilitado sinxelo determinado e facilitado pola Comisión de Valoración, a súa cualificación será de APTO ou NON APTO, quedando excluídos do proceso os aspirantes que non acaden a cualificación de apto.

CRITERIOS DE PRIORIZACIÓN, VALORACIÓN DE MÉRITOS, PARA A SELECCIÓN (PUNTUACIÓN MÁXIMA 70 PUNTOS)
A) Tempo en desemprego. Puntuación máxima 13 puntos.
Valorarase con 13 puntos cando o solicitante sexa menor de 30 anos e se atope en procura de primeiro emprego, ou cando sexa muller e a súa vida laboral non acredite un período de cotización superior a 24 meses, estando en condición de desempregada á data de fin de período de solicitude.
Cando o solicitante sexa muller ou teña máis de 50 anos e leve 12 meses en desemprego valorarase con 8 puntos e incrementarase por cada mes con 0,10 puntos.
Cando o solicitante leve 12 meses en desemprego valorarase con 6 puntos e incrementarase por cada mes con 0,10 puntos.
Cando o solicitante non alcance 12 meses na situación de desemprego valorarase con 0,10 puntos por cada mes na devandita situación.
B) Ingresos económicos e responsabilidades familiares. Puntuación máxima 13 puntos.
Valoraranse os ingresos familiares en función do SMI mensual, 950 euros, ou anual 13.300,00?, 14 pagas.
Terase en conta a suma dos ingresos netos obtidos nos últimos 12 meses de toda a unidade familiar dividido polo número de membros e por 12.
Desde 0,00? a 150,99?____ 13 puntos.
Desde 151? a 300,99? _____11 puntos.
Desde 301? a 450,99?____ 8 puntos.
Desde 451? a 600,99?____ 4 puntos.
Desde 601? a 750,99?____ 2 puntos.
Desde 751? a 950,00?____ 1 puntos.
A partir de 950,00?_____ 0 puntos.
C) Perceptor de Renda Básica de Inserción ou solicitante con proposta/resolución favorable por parte do servizo oficial correspondente: 6 puntos.
D) Circunstancias persoais, sociais e/ou económicas dos desempregados: Solicitante con problemas de saúde, dependencia e/ou discapacidade, que non menoscabe a súa capacidade funcional para o posto de traballo ao que opta (acreditado mediante informe médico): 5 puntos.
E) Solicitante co seguinte perfil: vítima de violencia de xénero, familia numerosa ou familia monoparental (non son acumulables entre si): 6 puntos
F) Familias con fillos a cargo menores de 18 anos e que non perciban ingresos: 6 puntos máximo.
1 fillo____ 2 puntos
2 fillos_____ 4 puntos
3 ou máis fillos _ 6 puntos
G) Adecuación ao posto de traballo. Máximo 6 puntos.
Ter permiso de conducir: 2 puntos.
Estar en posesión do Graduado Escolar ou Grao en ESO ou equivalente: 4 puntos.
Estar en posesión do Certificado de Escolaridade ou Estudos Primarios: 2 puntos.
H) Patrimonio: Carecer de bens inmobles de natureza rústica e urbana (excepto a vivenda habitual): 5 puntos
I) Empadroamento: Máximo 10 puntos.
Por estar empadroado no Concello de Ponteceso con unha antigüidade maior de 12 meses: 10 puntos.
Por estar empadroado no Concello de Ponteceso con unha antigüidade de 6 a 12 meses: 5 puntos.
Por estar empadroado no Concello de Ponteceso con unha antigüidade menor de 6 meses: 3 puntos.
Para a valoración destes criterios de priorización terase en conta a documentación achegada coa solicitude, agás o empadroamento que se realizará de oficio polo concello
A Comisión de Selección, unha vez valorados os ditos criterios de conforme ao baremo fixado, determinará a orde definitiva de aspirantes en función da puntuación obtida no total do baremo de criterios de priorización, ordenando aos candidatos segundo a devandita puntuación de maior a menor. Serán seleccionados e contratados o/a aspirante ou os/as aspirantes seguindo a orde fixada pola Comisión de Selección, ata cubrir os postos ofertados. En caso de empate resolverase por sorteo.
Tras o proceso selectivo a Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal a relación de aspirantes seleccionados por orde fixada, e elevará ao alcalde a proposta de contratación a favor dos aspirantes seleccionados por orde decrecente, sen que estes poidan superar o número de prazas convocadas.
O resultado farase público nos Taboleiros de Anuncio do Concello de Ponteceso e na sede electrónica municipal, contando cun período de 2 días a efectos de presentación de reclamacións.
Unha vez cumprido o requisito anterior, polo Sr. Alcalde-Presidente ditarase resolución para a formalización do correspondente contrato.
Os aspirantes propostos achegarán ao Concello a documentación necesaria para a formalización do contrato e alta na Seguridade Social no prazo máximo de tres días naturais, contados a partir da publicación da bolsa de emprego. A non presentación do interesado ou da documentación requirida, no prazo máximo, dará lugar á exclusión do mesmo, en favor dos aspirantes propostos pola Comisión na formación da Bolsa de Traballo regulada na Base seguinte. Este Concello resérvase o dereito para realizar as investigacións que estime oportunas para comprobar a veracidade do exposto na documentación presentada polos aspirantes, e en caso de falsidade ou omisión producirase a exclusión do candidato do proceso selectivo, e, no seu caso, da contratación.

BOLSA DE TRABALLO
Unha vez realizada a selección dos 10 operarios de servizos múltiples, os/as aspirantes non contratados, que cumpran todos os requisitos, quedarán nunha lista de espera, coa que se constituirá unha Bolsa de Traballo, para, se así o considera oportuno o Concello, cubrir futuras substitucións de baixas por enfermidade, accidentes, maternidades, paternidades ou baixas definitivas por renuncia ou despido, así como necesidades excepcionais que poidan xurdir durante a súa vixencia.
A Bolsa de Traballo estará formada por todos os aspirantes non contratados ordenados segundo a puntuación obtida de forma decrecente.
Esta Bolsa de Traballo estará vixente mentres dure o Plan de Emprego Social de 2020-2021, prorrogable de ser o caso, e sempre co límite máximo de duración de cada contrato de 6 meses. Os candidatos serán chamados en orde ao seu posto na lista.
No suposto de substitucións por baixas ou outros motivos a duración do contrato do traballador substituto poderá ser como máximo polo tempo que reste ata a finalización do contrato do traballador substituído. Unha vez finalizado o contrato do traballador substituto pola incorporación do traballador substituído, este volverá integrarse na bolsa de emprego para futura substitucións, pasando a ocupar o último posto na bolsa de emprego.
No caso de ser prorrogado o Plan de Emprego Social de 2020-2021 os traballadores inicialmente contratados incorporaranse á bolsa de emprego nos postos que lle correspondan a continuación dos que figuren na mesma.

RÉXIME DE INCOMPATIBILIDADES
Os/ as aspirantes que resulten nomeados/ as para estas prazas quedarán sometidos desde o momento da súa contratación, ao réxime de incompatibilidades vixente. Con todo, os aspirantes que obteñan praza nesta convocatoria e teñan algún tipo de incompatibilidade, de conformidade coa lexislación laboral vixente, en base a contratos anteriores, perderán todos os seus dereitos.

Concello de Ponteceso