O Concello de Ponteceso foi recentemente proposto para a habilitación como ?Concello Emprendedor? como parte da iniciativa ?Concellos Doing Business Galicia-Concello Emprendedor?.
A Comisión Técnica de Seguimento do Protocolo Xeral de actuación, conformado pola Xunta de Galicia e Fegamp, tomou a decisión de propoñer a habilitación de Ponteceso como ?Concello Emprendedor? debido a que cumpre todos os requisitos esixidos no devandito protocolo. Estes requisitos consisten en que o Concello debe achegarlles ás empresas e aos/ás emprendedores/as:
- Máis simplificación administrativa: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
- Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.
- Máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.
A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.
Descargas asociadas