Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O alcalde de Ponteceso reuniuse co novo Director de Sepes, Lucrecio Fernández

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o deputado socialista en Cortes Diego Taibo reuníronse en Sepes (Madrid) co novo Director General de Sepes, Lucrecio Fernández, para impulsar a aprobación do convenio para ampliar en 210.000 metros cadrados o parque empresarial de Tella.
Lucrecio Fernández, quen leva un mes ocupando este alto cargo, amosouse aberto a estudalo a fondo ao tratarse dun asunto moi avanzado xa na súa tramitación. Tamén lembrou que a reserva de solo polas empresas é fundamental para que o proxecto saia adiante.
Despois da reunión en Sepes, o alcalde de Ponteceso e Diego Taibo reuníronse con responsables da Secretaría de Estado para el Avance Digital. En xogo está impulsar o despregamento en menos dun ano de todos os núcleos que aínda non se viron beneficiados pola chegada da fibra óptica. O traballo nese senso continuará a nivel provincial e autonómico, unha vez alcalde e deputado coñeceron as previsións do despregamento.

Concello de Ponteceso