Faustino Santiago, edil de Seguridade Cidadá, comunicou hoxe venres que Protección Civil de Ponteceso, por medio de 2 voluntarios e coa colaboración da Guardia Civil de Tráfico, localizou dous cans en Pazos que levaban perdidos desde o día 27 de setembro.
Unha vez localizado o dono, fíxoselle entrega dos dous cans, pregándolle que os levara a unha revisión veterinaria, xa que era evidente que o pasaron moi mal os días que vagaron por aí.