A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ponteceso, Noelia Varela, e o alcalde do municipio, Lois García Carballido, reunidos o venres pasado, acordaron convocar o primeiro Plan de Emprego da historia de Ponteceso.
"Grazas ao aforro en gastos de persoal, por exemplo, coa renuncia ao soldo do alcalde, pódese financiar un plan de emprego que vai beneficiar como mínimo a 10 traballadores/as durante seis meses, e formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións, segundo vaiamos dispoñendo de recursos" explicou a concelleira.
O alcalde felicitou a Noelia Varela pola iniciativa. "Toda a veciñanza vaise ver beneficiada, pero especialmente aquelas persoas contratadas, ás que imos incorporar ao mercado laboral", afirmou.
AÍNDA QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES PARA O CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
O alcalde lembrou tamén que aquelas persoas que queiran anotarse ao Curso de Prevención de Riscos Laborais, están a tempo de facelo, posto que aínda quedan prazas dispoñibles.
Descargas asociadas