As obras forman parte do Plan Provincial de Obras e Servizos 2020, con importantes intervencións en Niñóns, Tella, Pazos e Langueirón
A mesa de contratación do Concello de Ponteceso reuniuse para examinar a documentación dun total de nove ofertas para as dúas obras en licitación por procedemento aberto, do Plan Provincial de Obras e Servizos 2020, con importantes obras en Niñóns, Tella, Pazos e Langueirón. As ofertas técnicas serán avaliadas polos servizos municipais. Despois de publicar a nota de cada oferta, abriranse os sobres coa oferta económica.
DETALLE DOS PROXECTOS
Estas dúas obras continuarán a mellora do núcleo de Niñóns que se fixo nos últimos anos. ?Moi demandada polos veciños de Niñóns nunha reunión celebrada na Asociación Nosa Señora do Faro, polo perigo de que o camión de recollida de residuos sólidos acabe de escachar a pista de cemento. Por iso, vaise facer un gran muro de contención con perpiaño, grazas á cesión veciñal gratuíta? declarou o alcalde.
En continuación coas actuacións recentemente realizadas, pavimentando unha superficie de 295 metros cadrados dos viarios interiores con 15 centímetros de formigón desactivado delimitado con franxas de adoquín granítico, previa demolición do pavimento existente. Nun viairio de acceso anexo, pavimentarase con 5 centímetros de aglomerado en quente, previo bacheo do mesmo con 10 centímetros de grava e rega semiprofunda e ensanche de 1,6 metros nunha lonxitude de 45 metros. Para isto, executarase un muro de escollera cunha altura máxima de 3 metros, sobre o que se disporán, a modo de barreira, perpiaños de pedra granítica. Este muro suporá a inversión económica máis elevada.
Ademais, as obras aprobadas pola Deputación tamén se realizarán en Tella, onde, por un lado, realizarase unha mellora no entorno do local social, arranxos do contorno da Escola Unitaria e una rúa preto do igrexario de Langueirón, cun custe total de 55.481?.
Nunha superficie de 250 metros cadrados, optimizarase o acceso ao local social dos Seixos, coa creación dun novo pavimento de formigón coloreado de 15 centímetros de espesor sobre o actual, que será necesario demoler parcialmente nos encontros. Tamén se contempla a creación dun ramal que, desde este, de acceso á pista deportiva existente.
Ademais, proponse a dotación dunha rede de saneamento que permita a conexión do local social e da escola á rede xeral, e a canalización das pluviais do local social, coa execución de 265 metros de tubaxe de PVC 315 cos seus correspondentes pozos, arquetas e conexións. Inclúese a reposición dos viarios afectados polas canalizacións e a mellora das superficies entre edificios en catro treitos.
Tamén se realizará unha mellora nun camiño de Tella nunha superficie total de 645 metros cadrados, coa extensión de 5 centímetros de aglomerado en quente, previo desbroce de marxes e bacheo de todo o camiño con recargo nun treito de 85 metros e 3,5 metros de ancho, con grava e rega asfáltica semiprofunda. Tamén se contempla a mellora da drenaxe na contorna das casas coa execución de 30 metros de berma formigonada, instalación de 9 metros de caz con reixa e a canalización de 19 metros con tubaxe de PVC 315.
Sen embargo, gran parte do importe da obra vai para potenciar unha das parroquias con maior atractivo dende o punto de vista da construción de novas vivendas unifamilares, Pazos de Arriba. Nunha lonxitude total de 1.095 metros e cun ancho medio de 3,5 metros preténdese a mellora do pavimento dos camiños coa extensión dunha nova capa de 5 centímetros de aglomerado en quente, previo ensanche dos mesmos en 0,5 metros e bacheo con 10 centímetros de grava e rega semiprofunda. ?Con máis dun quilómetro de renovación urbana nun núcleo con moitos solares edificables, imos apostar tamén por resolver o problema da recollida de pluviais. Apostamos por un núcleo con gran interese urbano e empresarial como Pazos de Arriba.? Unha gran tubería de pluviais leva gran parte do investimento tamén.
Celebrarase unha nova sesión da mesa, continuando coa apertura das ofertas.
Descargas asociadas