As actividades de inverno comezarán o próximo martes 13 de outubro
A partir das 9.00 horas do próximo martes 6 de outubro poden realizarse as inscricións para as actividades culturais e deportivas para os nenos e nenas de Ponteceso.
Para este curso 2020/21, as actividades serán: baloncesto, fútbol sala, judo, patinaxe artística, tenis de mesa, tiro con arco, xadrez, cociña, danza, D'arte, e teatro.
As inscricións deben realizarse preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso, a partir das 9.00 horas do día 6. Para inscribirse presencialmente, poderase acudir o 6 de outubro, de 9.00 a 14.00 horas, á oficina municipal de Corme e no Concello, e o 7 de outubro, de 9.00 a 14.00 horas, con cita previa, ao rexistro municipal do Concello.
Débese ter en conta que:
- As actividades comezarán o próximo martes 13 de outubro.
- Será obrigatorio o uso de máscara.
- Cada actividade e instalación ten a súa normativa e o seu protocolo propios.
- Os horarios das actividades poderán modificarse segundo as necesidades.
- Cada actividade require un mínimo de inscritos para realizarse.
- As prazas adxudícanse por orde de inscrición, con preferencia dos empadroados e, despois, dos inscritos no curso anterior.
- Límite de prazas en todas as actividades.
Para máis información, pódese contactar co Departamento de Deportes (616 48 55 20), co Departamento de Cultura (630 90 71 24) ou na páxina web www.ponteceso.gal.
Descargas asociadas