Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A partir do día 29 ás 9.00 horas pódense formalizar as inscricións para as actividades de adultos/as deste curso 2020/21

As actividades comezarán o próximo luns 5 de outubro, agás D'arte e tiro con arco, que se iniciarán o 16

Comeza o período de inscrición para as actividades de adultos e adultas no concello de Ponteceso.

Entre as actividades que se realizarán neste curso 2020/21, inclúense ioga, "ponte a correr", tiro con arco, ximnasia para maiores de 40 anos, ximnasia de mantemento, zumbe, D'arte, música e conversa en inglés.

A INSCRICIÓN realizarase preferiblemente a través da sede electrónica, ou de forma presencial nas seguintes datas e horarios:

- Martes 29 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas, na oficina municipal de Corme e no Concello.

- Mércores 30 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas, con cita previa no rexistro municipal do Concello.

INFORMACIÓN A TER EN CONTA:

- As actividades comezarán o 5 de outubro, agás D'arte e tiro con arco, que se iniciarán o 16 de outubro.
- Uso obrigatorio de máscara.
- Recoméndase ás persoas maiores de 70 anos ou con patoloxías que non se inscriban nas actividades para protexer a súa saúde.
- Cada actividade e instalación ten o seu protocolo propio.
- Os horarios poderán modificarse segundo as necesidades.
- Cada actividade require un mínimo de inscritos para realizarse.
- Límite de prazas en todas as actividades.
- As prazas adxudicaranse por orde de inscrición e con preferencia dos empadroados.

Para máis información pódese contactar co Departamento de Deportes (616 48 55 20), co Departamento de Cultura (630 90 71 24) ou consultar a páxina www.ponteceso.gal.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso