O curso será válido para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia
A Academia Galega de Seguridade Pública convoca un curso de reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas, válido para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp.
O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir de hoxe, mércores 23 de setembro.
CRITERIOS XERAIS DE SELECCIÓN:
1. A selección realizarase tendo en conta a data de caducidade da inscrición na correspondente sección do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, e terá preferencia a data anterior sobre a posterior.
2. En caso de empate, terase en conta a orde de presentación das solicitudes.
3. Na selección reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
A Agasp publicará na súa páxina web unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso. O alumnado seleccionado serán informado da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
Podes consultar as bases completas no artigo correspondente do DOG.
Ligazóns recomendadas