ACTUALIZACIÓN COVID-19 PONTECESO
ATENCIÓN! RETIRADA DE RESTRICCIÓNS ESPECIAIS E VOLTA Á NOVA NORMALIDADE EN PONTECESO
A ORDE do 16 de setembro de 2020 sobre levantamento das medidas de prevención específicas nos concellos de Carballo, A Laracha, Ponteceso e Laxe como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos ditos concellos,
https://www.xunta.gal/?/2?/2429/AnuncioC3K1-160920-5_gl.html
elimina as restriccións especiais impostas en Ponteceso o mércores anterior 9 de setembro, igual que no resto da bisbarra.
Atención, seguimos estando nunha pandemia, e temos 23 casos activos en Ponteceso.
Segundo o decreto que acaba de publicar o Conselleiro de Sanidade,
"a incidencia acumulada a 3 e 7 e 14 días amosa unha clara tendencia descendente, que se ve tamén, de maneira xeral, coa taxa diaria. O número reprodutivo instantáneo está claramente por debaixo do valor 1. O número de casos reduciuse de forma significativa. Neste momento, os concellos de Carballo, A Laracha, Laxe e Ponteceso non tiveron casos nos últimos 3 días. No concello de Carballo seguen a producirse casos illados, pero tamén reduce as súas taxas. No momento actual o brote pode considerarse controlado. Tendo en conta a situación actual, o informe considera que poden retirarse as medidas restritivas nesta comarca."
Son de aplicación as normas da nova normalidade :
Ás 00:00 horas entran en vigor as novas normas aprobadas pola Consellería de Sanidade e publicadas no DOGA de onte. Estas medidas concrétanse nos seguintes puntos:
- Prohibición de fumar en espazos públicos (incluídas terrazas) cando non poida respectarse a distancia social.
- Recomendación do uso de máscaras en reunións con persoas non conviventes en espazos privados.
- Obrigación de mantemento da distancia social no interior dos locais de hostalería, ben sexa na barra ou en mesas.
- A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
- Obrigación de peche dos locais de hostalería e restauración ás 01.00 horas. Non poderá admitirse o acceso de ningún cliente a partir das 00.00 horas.
- Peche de discotecas e establecementos de lecer nocturno.
- Recomendación de restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable.
- Recomendación de limitar os encontros sociais a un máximo de 10 persoas. Prohibidas as de máis de 25.
Podes consultar o texto completo do DOG no seguinte enlace.
Ligazóns recomendadas