Esta mañá celebrouse unha reunión entre o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o Xerente da Área Sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verde, e os sete alcaldes de Bergantiños, entre eles o do concello de Ponteceso, Lois García Carballido.
No relativo á situación de Ponteceso, o Conselleiro de Sanidade aclarou que as altas dos pacientes infectados por covid-19 realízanse segundo o protocolo aprobado, consensuado polos médicos, e que nalgunhas situacións hai diferentes interpretacións. ?Estamos insistindo aos médicos que sexan o máis regulares posible?, afirmou García Comesaña.
Tamén explicou o motivo polo cal en Ponteceso se están a detectar cifras elevadas de positivos. ?Sen miralo en concreto, os motivos son as PCR, cantas son positivas cando hai un contacto, e as asociadas. Fixéronse moitas PCR derivadas de contactos?, explicou o Conselleiro. ?Darei instrucións á xefatura territorial para que analicen o caso concreto de Ponteceso e vos trasladen un resultado da análise. Ao contactar coa xefatura territorial daranvos unha teoría de por onde pode vir o alto dato de contaxios?, engadiu.
En canto ao proceso seguido á hora de tomar decisións sobre a situación de cada lugar, García Comesaña explicou que ?a xefatura territorial analiza os datos por concello e por bisbarra?. ?Analízanse varios parámetros: o número de casos, a tendencia, porcentaxe de PCR positivas... Con esta información, o comité decide. Hai tres estados: normalidade, nivel de medidas específicas (aforos ao 50%, terrazas ao 75%, reunións de 10 persoas), e medidas máis restritivas.
En canto á actualizacións dos datos, con respecto a unha semana atrás, Ponteceso tiña 26 casos e actualmente ten 32 casos activos, o que supón un aumento de 6 contaxios. Baixouse nun total de 27 casos na bisbarra. ?A situación está mellorando, non é preocupante, pero como as medidas funcionan ben aplicámolas?, afirmou o Conselleiro de Sanidade.
?Imos volver reunirnos o xoves vindeiro. Faremos a reunión dous días por semana. Darei instrucións á xefatura territorial para que analicen o caso concreto de Ponteceso, como dixen?, insistiu.
En canto ao desexo expresado polo alcalde de Ponteceso de ?colaborar na vixilancia da corentena e illamento, se a Policía Local e a Garda Civil tiveran os datos concretos?, o Conselleiro respondeu que ?Sanidade ten todos os datos e fai o seguimento, e recorren á Policía Local ou forzas de seguridade cando teñen datos de que se están a incumprir o confinamento?.
?Non revelamos datos fóra de Sanidade, e non temos pensado facer cambios niso. Só os médicos e a xefatura territorial teñen os datos concretos?, concluíu García Comesaña.
O próximo xoves ao mediodía, o alcalde Lois García Carballido terá unha reunión con Xerente da Área Sanitaria A Coruña-Cee no Concello de Ponteceso.