Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

O número de casos activos o xoves 10 de setembro en Ponteceso é de 29 (o dato do mércores era de 28)

O número de casos activos o xoves 10 de setembro en Ponteceso é de 29 (o dato do mércores era de 28).

O novo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinala na orde publicada a última hora do 9 de setembro de 2020 que "no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 9 de setembro de 2020 sobre a comarca de Bergantiños, indícase que nela se observa unha diminución da incidencia, tanto a 3 como a 7 días. Non obstante, seguen a aparecer casos e a incidencia a 14 días é elevada nos concellos de Carballo, A Laracha e Ponteceso. Nesta comarca impuxéronse medidas restritivas nos concellos de Carballo e A Laracha pola súa alta incidencia. No momento actual, a taxa de incidencia a 3 días nestes dous concellos é inferior á taxa da comarca, o que significa que as medidas adoptadas están a funcionar. Respecto ao resto dos concellos da comarca, preocupan os datos de Ponteceso, polo número de casos detectados neste período. O brote segue a presentar indicadores de risco alto e de risco medio, polo que é preciso manter as medidas establecidas nos concellos de Carballo e A Laracha. De acordo co informe, a situación do concello de Ponteceso fai recomendable establecer neste concello as mesmas medidas que se tomaron e se manteñen para os concellos de Carballo e A Laracha.

Así, tras escoitar as recomendacións do comité clínico reunido para estes efectos, a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na comarca de Bergantiños impón, por unha banda, o mantemento, nos concellos de Carballo e A Laracha, das medidas de prevención previstas na Orde do 2 de setembro de 2020 e, por outra banda, a aplicación das mesmas medidas no concello de Ponteceso, ben que, nos tres casos, procede, respecto das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración,"

As medidas do decreto do 2 de setembro que rexían en Laracha e Carballo, son tamén de aplicación aquí en Ponteceso, con esta salvedade: terrazas ao 75% de ocupación.

Práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de dez persoas de forma simultánea.

Resto de medidas, lembremos:

Medidas con respecto aos concellos de Carballo, A Laracha, e Ponteceso, como restricións respecto ao tamaño dos grupos, e establecer un máximo de 10 persoas para grupos non conviventes, limitacións de capacidade en establecementos comerciais, hostalaría e restauración, limitacións para a celebración de eventos e restricións respecto a festas, verbenas ou actuacións.

- Recoméndase ás persoas maiores de 75 anos que eviten as horas de moita afluencia de persoas en sitios públicos.
- Prohibidas as festas, verbenas, eventos populares e atraccións de feira, e todas as súas manifestacións, como charangas, pasarrúas, concertos...
- As feiras non poderán superar o 50% dos postos habituais autorizados, priorizando alimentos e produtos esenciais.
- Quedan limitadas a un máximo de 10 persoas as reunións en espazos privados ou na vía pública, agás para persoas convivintes.

ATENCIÓN BARQUIÑAS Isto afecta a reunións para festexar na casa de máis de 10 persoas que non convivan.

Esta limitación non afectará nos casos de actividades laborais e administrativas, actividades en centros educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
- Os aforos en establecementos hostalaría quedan reducidos ao 50% no interior , e non se permite o consumo na barra.

- As celebracións en establecementos de hostalaría e restauración (vodas, etc...) axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos, e en calquera caso deberase respectar un máximo de 100 persoas en espazos ao aire libre ou de 50 persoas en espazos pechados.
- Os locais de ocio nocturno permanecerán pechados.
Redúcense ao 50% os aforos nos establecementos comerciais, bibliotecas, cines, arquivos, salas de exposicións, museos, teatros ou centros de lecer infantil, entre outros.
- A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de dez persoas de forma simultánea.
- Nos lugares de culto tampouco poderá superarse o 50% do aforo e non se poderán empregar nin o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos relixiosos.
- Nos velorios poderán reunirse un máximo de 10 persoas en espazos pechados e de 25 ao aire libre, e nos enterros poderá haber un máximo de 25 persoas.

Consulta o decreto para ver as medidas completas.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso