Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Entrega de premios do concurso ?Ponte en fotos?

Os gañadores do concurso ?Ponte en fotos? recibiron os seus premios onte, venres 21 de agosto do 2020, ás 11.30 horas. Os premios foron entregados pola titular da Concellería de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño.
Os gañadores foron Fernando García Quián, que recibiu o premio por tres fotos de fermosas paisaxes de Ponteceso, e Diego Lema Mira, quen recibiu o premio do público por tres imaxes de paisaxes, entre elas unha fotografía da Vía Láctea sobre o faro Roncudo. Acudiron a recoller os premios Diego Lema e a filla de Fernando García.
Os participantes foron galardoados cunha cea para dúas persoas no restaurante Miramar, con validez para tres meses de luns a venres.

Concello de Ponteceso