O alcalde do Concello de Ponteceso
Xosé Lois García Carballido
Dispoño
Que para evitar a propagación do COVID-19
son de obrigado cumprimento as normas establecidas pola Xunta de Galicia nos decretos de nova normalidade:
1º Obrigado uso de máscara en todo momento, incluso nos locais de hostalería (agás no preciso momento da inxesta de bebidas ou alimentos). Tabaco e cigarros electrónicos: Só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.
2º Lavado frecuente das mans, sobre todo á entrada e saída dos establecimentos públicos, que deberán obrigatoriamente dispor de hidroalcoles ben visibles e de acceso gratuíto, na entrada dos locais.
3º Aconséllase evitar na medida do posible as reunións sociais, que, en ningún caso, poden exceder as 25 persoas. O recomendable é sempre facelas no exterior, ou nun local moi ventilado, e sempre utilizando a máscara en todo momento. Teñamos en conta que a distancia social é SEMPRE O MÁIS EFECTIVO para deter os contaxios do coronavirus.
4º Na praia é obrigratorio usar máscara agás no baño ou deitado na toalla. En todo caso o persoal de socorrismo ten a consideración de autoridade pública e as súas indicacións débense atender sempre.
5º Debido ao aumento dos casos entre a xuventude, pedímosvos que en todo momento sexades conscientes da gran responsabilidade individual de cada un para deter o contaxio: evitar botellóns, festas privadas e locales con exceso de aforo.
En caso de incumprimento de todo o arriba mencionado, o Concello e as forzas da orde van ser moi activos na vixiancia e denuncia ás persoas que incumpran as normas.
PROTÉXETE E PROTÉXENOS DO COVID-19
Ponteceso, 13 de agosto de 2020
O alcalde