Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actualización catastral das parcelas expropiadas no 2007

O catastro está actualizando as parcelas expropiadas na estrada Buño-Ponteceso do ano 2007, de cando se construíu a estrada.

Como resultado os afectados, deberán pagar menos IBI por ser máis pequena a finca. Incluso poden reclamar os últimos catro anos de contribución, ao ser a actualización con efectos do 2007.


Pódese consultar na web do catastro como queda cada finca. Mete a referencia catastral da túa finca en https://www.sedecatastro.gob.es/. Só precisas o DNI do titular, e o código que vén na carta. Non necesitas vir ao Concello.

Se necesitas axuda, chama ao 981 714 000. En ningún caso che prexudica esta actualización, o terreo xa era da Xunta, pero o catastro non actualizara as novas medidas da estrada.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso