O prazo para a presentación de solicitudes comeza mañá, mércores 5 de agosto
Tal e como se publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, acordouse polo Concello reabrir o prazo de adxudicación de dúas vivendas sociais municipais situadas no edificio anexo ás escolas, antigas vivendas dos mestres, en réxime de aluguer.
O prazo para presentar as solicitudes será un mes a partir de mañá, mércores 5 de agosto.
Descargas asociadas