Onte, luns 20 de xullo, comezou unha nova semana dos programas Concilia. Estes campamentos de verán están desenvolvidos coa finalidade de axudar ás familias a conciliar o coidado dos fillos/as durante os meses de verán co seu horario de traballo.
Durante a semana pasada, os nenos e nenas participantes levaron a cabo actividades que foron desde batallas con auga a periodos de diversión no parque e na praia.