Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso licita por primeira vez o mantemento de xardíns, parques infantís biosaudables e campos de fútbol de herba artificial nun contrato de máis de 444.000 euros

O Concello de Ponteceso licita por primeira vez o mantemento de espazos públicos, tales como xardíns, parques infantís biosaudables e campos de fútbol de herba artificial. O valor estimado do contrato é de 444.658 euros (IVE incluído), cubrindo un máximo de catro anos. Este periodo temporal estará dividido en dous anos, e dúas posibles prórrogas dun ano cada unha.

O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro seis de agosto. Contémplase a ampliación de ata un 20% do contrato para melloras e inclusión doutras áreas. Téñense en conta un total de 29 localizacións, pero isto non cobre todas as áreas axardinadas en todas as parroquias do Concello, mantidas por persoal propio municipal.
Ademais da oferta económica, as empresas valoraranse por presentar as seguintes melloras: persoal de reforzo nas épocas de máis carga de traballo, plantación de ata 600 unidades de flor de tempada, incremento do mantemento de ata 4000 metros cadrados de zonas verdes do Concello de Ponteceso, subministro dun xogo de redes de porterías ao ano para cada un dos campos, bolsa de material de rega para as reparación de 2000 euros, medios materiais adscritos ao servizo 5, aumento das áreas de xogo a manter, aumento de pezas de substitución valoradas en 2000 euros, subministro de elementos de xogos infantís valorados en 2000 euros, e aumento da bolsa de reparación de caucho de 150 metros cadrados.

Tamén será obrigatorio o respecto á igualdade de oportunidades e o cumprimento do convenio colectivo, un plan de formación para os traballadores e traballadoras, e a xestión medioambiental e aforro de auga.

O Concello de Ponteceso vén de realizar melloras por 700.000 euros nos campos de herba artificial do municipio, nomeadamente no campo céspede FIFA Quality Pro do Pinguel e no alumeado e reforma integral do Cairo, en Corme.

Concello de Ponteceso