Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O libro ?O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños? presentarase o próximo sábado

No acto de presentación falarán os autores, membros do Instituto de Estudos Bergantiñáns

O libro ?O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños? será presentado o próximo sábado, 18 de xullo, nun acto organizado polo Concello de Ponteceso na Garga (Anllóns). No evento de presentación falarán os autores do libro: Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luis A. Giadas Álvarez, membros do Instituto de Estudos Bergantiñáns.

O acto comezará ás 19.00 horas, e todas as persoas que asistan como público deberán estar sentadas e traer máscara, xa que o seu uso será obrigatorio.

Concello de Ponteceso