Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Un grupo de visitantes de varias zonas de Galicia percorreron a segunda etapa do Camiño dos Faros

Os visitantes desprazáronse desde Boiro, Catoira, Castro Caldelas e Caldas de Reis

Raquel Fondo dirixe de maneira exemplar e entregada a concellería de Turismo do Concello de Ponteceso, como puido comprobar este sábado un grupo de visitantes que se desprazaron desde Boiro, Catoira, Castro Caldelas e Caldas de Reis nunha viaxe organizada pola axencia de viaxes Aromatur, coa finalidade de percorrer a segunda etapa do Camiño dos Faros (Niñóns-Ponteceso).

Na súa función de servizo ao cidadán, Raquel Fondo encargouse de catro persoas dese grupo que se lesionaron na aldea do Roncudo e en cabo Roncudo, así como de achegarlles a Corme o avituallamento que deixaran encargado nun establecemento hostaleiro do concello.

Os visitantes foron recibidos por Javier Couto e, ademais de percorrer a segunda etapa do Camiño dos Faros, desfrutaron da hostalería local. Os participantes concluíron que quedaron satisfeitos coa viaxe e contentos da atención recibida.

Concello de Ponteceso