Aínda quedan prazas dispoñibles para aquelas persoas interesadas
O próximo venres, 10 de xullo, comezarán as xornadas de danza para nenos e nenas.
O pasado martes celebrouse unha reunión de presentación da actividade, na que se explicou o protocolo de prevención do Covid-19 e se formaron os grupos, pero AÍNDA QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES para todo aquel que queira apuntarse.
As clases terán lugar na aula de danza do edificio das Escolas de Ponteceso.
A actividade celebrarase os martes e os venres, con horario de 10 a 11 para os nenos e nenas de máis idade, e de 11:15 a 12:15 para os máis pequenos