Os cinco premiados foron seleccionados polo xurado por ser os que máis adiviñas sobre patrimonio do Concello de Ponteceso acertaron
O concurso de patrimonio impulsado polo Concello de Ponteceso a través da súa conta de Facebook xa ten gañadores. O xurado, formado por Maite Chouciño, Concelleira de Patrimonio, e por Luis Guiadas, profesor no IES Eduardo Pondal, seleccionou aos cinco gañadores, en función do número de respostas acertadas nas adiviñas propostas polo Concello. Os premiados serán Adriana Álvarez Chouciño, María Carmen Cambón Varela, Pilar Pérez Moreira, Xosé Manuel Varela Varela e Florinda Varela Vidal.
Os galardoados recibirán o seu premio o próximo venres, 10 de xullo, ás 10 da mañá no Concello. Aqueles premiados que non poidan asistir á entrega poderán recoller o seu agasallo a outra hora ou calquera outro día.