Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Bando da Alcaldía sobre a recomendación de non celebrar festas privadas o sábado 11 de xullo

BANDO


O alcalde do Concello de Ponteceso

Xosé Lois García Carballido


Dispoño


RECOMENDACIÓN E ADVERTENCIA DE NON CELEBRAR FESTAS PRIVADAS O SÁBADO 11 DE XULLO EN TODO O TÉRMINO MUNICIPAL

Como prevención dos brotes de Covid-19, tendo de exemplo o que está pasando na Mariña de Lugo, tendo en conta que os datos apuntan a que o brote partiu dunha festa privada, co resultado a día de hoxe de máis de 130 contaxiados e 70.000 persoas confinadas nos seus municipios, coas cales nos solidarizamos.

Para evitar que no noso concello ocurra algo parecido, como temos previsto que veña moita xente de fora nun so día, a pesar de que a Festa do Percebe está suspendida, o Concello anuncia que vai haber un dispositivo especial asistido pola subdelegación do Goberno para evitar que se incumplan as normativas de seguridade anti-contaxio do covid-19. Temos que evitar que veña moita xente de fora nun mesmo día, se xunte nun espacio pequeno, nos contaxie e logo tamén leve o virus por todas partes.

Dende o Concello pedímoslle:

a todas as persoas propietarias de locais privados que se absteñan de facer ningunha festa nin banquete o día 11 de xullo, que pensen na responsabilidade tan grande na que se poden ver implicados se hai un brote de coronavirus.

que lembren que a ocupación da vía pública está totalmente prohibida, agás os locais de hostalería con licencia municipal cumprindo as normas.

A toda a hostalería local, que teñan en conta que nos seus locais e terrazas o empresario/a, non o cliente, é responsable de que se cumplan as normas, e que tanto a Garda Civil como a Policía Local van inspeccionar e sancionar a todos aqueles que non cumplan os aforos.

Dende o Concello para nada pretendemos estar en contra do turismo, pero queremos que o que veña sexa responsable. Isto conleva evitar aglomeracións de moita xente, grandes festas e reunións, nesta nova normalidade provocada polo Covid-19.

Unha recopilación normativa sobre a nova normalidade está recollida na páxina http://www.fegamp.gal/info-coronavirus

Ponteceso, 07 de Xullo de 2020

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso