Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O MELGA inicia a súa tempada de verán

O horario estival comezará o próximo mércores 1 de xullo e prolongarase ata o 15 de setembro.


O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), en Ponteceso, abre as súas portas tras o confinamento para a tempada estival. Este museo poderá visitarse a partir do día 1 de xullo e permanecerá aberto co horario de verán ata o día 15 de setembro.

O horario será para os días de semana de 9 a 14 horas, permanecendo pechado polas tardes. Os sábados a apertura do museo será de 10 a 13 horas, e de 16 a 19 horas, mentres que o domingo será de 10 a 13 horas. Para visitas en días festivos, será necesario consultar previamente a información concreta de cada día.

En canto ás visitas guiadas, mantéñense as condicións establecidas: o número mínimo de persoas para realizar unha visita grupal será de 20 e será necesario reservar con 15 días de antelación.

Para solicitar máis información pode consultarse a páxina web www.museomelga.com, chamar ao 981715442 ou ao 661290246, ou contactar por correo electrónico con info@museomelga.com ou con ricardoperezyverdes@gmail.com.

Concello de Ponteceso