O prazo de solicitude estará aberto durante un mes a partir do 2 de xuño
O Concello de Ponteceso pon en marcha o procedemento de adxudicación, en réxime de aluguer, de dúas vivendas sociais municipais situadas nas antigas vivendas dos mestres. Tras a publicación do
anuncio correspondente no BOP do 1 de xuño, o prazo de solicitude estará aberto durante un mes, que empeza a contar o día 2.
O obxectivo da convocatoria é facilitar unha vivenda a prezo taxado a familias en situación de necesidade, segundo os criterios que figuran nas
bases, que poden descargarse máis abaixo xunto co
impreso de solicitude.
Os contratos terán unha duración de cinco anos, prorrogables. As persoas beneficiarias pagarán unha renda mensual de 60 euros, que se revisará anualmente en función do IPC. O Concello de Ponteceso farase cargo de todos os gastos agás os correspondentes aos subministros de auga, luz ou gas e á taxa pola recollida do lixo.
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas