Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso, pioneiro na reactivación da obra pública con proxectos por 2,8 millóns de euros

O Concello de Ponteceso foi un dos primeiros en reactivar a obra pública, levantando a suspensión dos prazos de licitación e impulsando a tramitación de proxectos por 2,8 millóns de euros.

A semana que vén rematará o prazo para que as empresas presenten as súas ofertas para tres importantes proxectos, entre eles o de redacción e dirección de obra da renovación do alumeado, o que destinaremos 88.462,20 dos 2,5 millóns de euros consignados no orzamento deste ano para a modernización de todo o alumeado do concello.

Os outros dous proxectos en licitación permitirán seguir mellorando a rede viaria e os servizos urbanísticos municipais. Por unha banda investiremos 156.208,54 euros en Corme Porto e Corme Aldea, no primeiro caso para actualizar as infraestruturas de auga e saneamento na rúa Sol e adxacentes, ademais de actuar na superficie cun acabado de adoquín e formigón que contribuirá a poñer en valor unha zona de alto valor histórico e de mellorar a accesibilidade. En Corme Aldea renovaremos a rede de augas pluviais no lugar da Costa, ademais de pavimentar con formigón 231 metros de rúa para dar acceso a unha serie de vivendas elevadas.

Outra das actuacións viarias levarase a cabo nas parroquias de Pazos e Cores, co obxectivo de mellorar as infraestruturas e os servizos de centros de actividade económica como o Pazo de Sergude ou o futuro centro residencial de Bardaio. O investimento acada os 119.370,26 euros, e inclúe varias obras:
? Pavimentación con aglomerado de dous treitos de 295 e 260 metros de vías de acceso a Sergude, cos correspondentes servizos e o pintado de marcas viarias.
? Pavimentación con aglomerado de vía de 320 metros de lonxitude en Bardaio.
? Pavimentación con aglomerado da vía de Bardaio a Riotorto, cunha lonxitude de 985 metros e 4,5 de ancho.

Dende o Concello de Ponteceso destacamos a importancia da reactivación da obra pública para a creación de emprego e a dinamización da economía local, ao tempo que primamos a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nos pregos de contratación.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso