Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso facilita un modelo de declaración responsable aos veciños que deban cumprir a obriga de xestión da biomasa

-O impreso pode descargarse nesta nova ou recollerse nas tendas e talleres agrícolas
-A Xunta ampliou ata o 16 de xullo o prazo para realizar os traballos de prevención dos incendios forestais

Dada a actual situación de vixencia do estado de alarma, a Consellería do Medio Rural vén de publicar unha resolución que modifica as normas para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, aínda que se mantén a súa obrigatoriedade dada a importancia de previr os incendios forestais.

Estes son os aspectos máis salientables da resolución, que podes consultar na ligazón que atoparás ao final desta nova:
1. O prazo para executar os traballos ampliase ata o 16 de xullo de 2020.
2. Para os desprazamentos será preciso levar unha declaración responsable que inclúa as leiras nas que se van realizar os traballos, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais dos apeiros precisos.

Dada a importancia da resolución, e coa finalidade de facilitar as xestións á veciñanza, o Concello de Ponteceso pon á vosa disposición un modelo de declaración responsable que pode descargarse máis abaixo e da que tamén se facilitarán copias nos talleres de maquinaria agrícola e nos establecementos agrarios do concello.


Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso