? O Concello de Ponteceso conta coa colaboración de Protección Civil e dun grupo de costureiras voluntarias que confeccionaron as mascarillas, lavables e reutilizables
? A distribución farase casa por casa ao longo dos vindeiros días
![](../upload/not/2008-f-WhatsApp Image 2020-04-21 at 23.23.43 (2).jpeg)
Teresa, Charo, Oliva, Angelita, Sara, Vanesa, Loli, Sandra, Lorena, Claudina, Teresa, Luci, Laura, Maruja, Lola, Rosario, Chelo, Rosa, Sita, María José, Mari Carmen, Olga, Pilar, Maruja, Mercedes, Rosiña e Rosario son os nomes das costureiras voluntarias que van contribuír a que todos os veciños e as veciñas de Ponteceso esteamos un pouco máis protexidos fronte ao COVID-19.
O Concello de Ponteceso iniciou onte o reparto, casa a casa, dun kit de protección composto por un par de luvas, unha bolsiña de xel hidroalcohólico e unha mascarilla lavable e reutilizable. O noso agradecemento ao taller de Manuela e a todas as costureiras que participaron na confección das mascarillas, así como a Open Wash por lavalas e desinfectalas e a Extincarclima de Santa Comba por achegarnos os sobres de xel hidroalcohólico dende O Porriño.
Ademais das costureiras, o Concello de Ponteceso conta coa inestimable colaboración do voluntariado de Protección Civil, que cada día embolsa máis de 1.000 mascarillas, 2.000 guantes e 4.000 bolsiñas de xel, e que tamén se encargará da distribución casa a casa.