Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

BANDO DO ALCALDE

Normas de obrigado cumprimento en establecementos públicos e venda ambulante

Que para evitar a propagación do COVID-19 e mentres dure a declaración do
estado de alarma, son de obrigado cumprimento as seguintes normas:

1º Para TODAS AS EMPRESAS QUE OFREZAN SERVIZOS DE VENDA E ATENCIÓN AO PÚBLICO no noso termo municipal:
TODAS AS PERSOAS QUE ESTEAN EN ATENCIÓN AO PÚBLICO E OS/AS REPOÑEDORES/AS DEBERÁN VESTIR OS EPIS NECESARIOS. En todo caso, empregarán luvas de nitrilo ou similares e máscaras.
O Concello vén axudando ás empresas con domicilio social en Ponteceso proporcionando provedores para conseguir os EPIS necesarios, xel e
desinfectante, para o cal poñemos á súa disposición o teléfono 981 714 000 e o
correo electrónico xose.garcia@ponteceso.gal

2º A VENDA AMBULANTE ten as mesmas obrigas có resto dos supermercados.
Hai que fomentar os pedidos telefónicos para evitar que o veciño saia á rúa. O
vendedor debe limitarse a entregar o pedido a domicilio embolsado e cobrar.

3º O Concello fará INSPECCIÓNS para comprobar que as empresas cumpren
coas obrigas de hixiene e de desinfección de locais e dos elementos de uso público como carros da compra, caixeiros, etc.

4º Para os CLIENTES: aconsellamos que fagan as súas compras (alimentos,
medicamentos, gasolina ou tabaco) de forma responsable e organizada e para 15 días, evitando así saír da casa a diario. Lémbrase que hai xel desinfectante de mans que se debe usar tanto á entrada como á saída dos establecementos.

PROTÉXETE E PROTÉXENOS DO COVID-19

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso