Acométense melloras considerables neste espazo de formación municipal
O Concello de Ponteceso vén de adquirir
oito novos equipos informáticos para a aula de formación en novas tecnoloxías de Corme, situada no local das asociacións. Tamén se instalou nesta aula unha
impresora láser para uso común dos alumnos. Na actualidade estánse a desenvolver
tres cursos neste espazo. As melloras ascenden a
20.000 euros a cargo do programa
Concellos dixitais.