-O prazo para participar no Desfile de Disfraces, que repartirá 3.000 ? en gratificacións, rematará o 21 de febreiro ás 12.00 horas
-Inscríbete tamén no I Concurso de Doces Entroideiros, no que haberá premios en tres categorías
Aínda non tes claro o teu disfrace para este ano? Pois non te despistes porque o Entroido xa está á volta da esquina e en Ponteceso queremos celebralo por todo o alto. Música, concursos, desfiles, degustacións gastronómicas, inchables, moita animación e moi bo ambiente converteranse nos ingredientes principais dunha celebración na que a troula e a diversión estarán aseguradas.
A programación festiva arrincará o
domingo 23, ás 17.00 horas, da Praza do Relleno de Ponteceso co tradicional desfile de disfraces que, como de costume, percorrerá as rúas do municipio en dirección ao pavillón municipal. En caso de choiva, esta actividade quedará suspendida e todos os actos previstos celebraranse unicamente no recinto cuberto.
A partir das 17.30 horas, o palco do pavillón converterase nunha divertida pasarela sobre a que desfilarán e actuarán os e as participantes do XXVI
Desfile de Disfraces, que nesta ocasión repartirá 3.000 ? en gratificacións, como podes ver, xunto ao resto da info, nas bases que aparecen ao final desta nova. A festa continuará ás 19.00 horas cunha degustación gratuíta de filloas para rematar o día con bo sabor de boca, moita animación a inchables para os máis pequenos/as da casa.
O
martes 25 o punto de encontro será no pavillón de Corme, onde celebraremos o
I Concurso de Doces Entroideiros, con premios en tres categorías: infantil, amateur e profesionais da hostalaría. Toma boa nota das bases de participación, que están ao teu dispor máis abaixo. Ás 17.30 horas terá lugar a recepción de sobremesas que desexen participar nesta singular e deliciosa actividade coa que se nos fará a boca auga. Desde primeira hora, haberá inchables para que a cativada desfrute dunha tarde de xogos e risas. Arredor das 18.30 horas, entregaranse os premios aos gañadores/as para dar paso ao desfile de disfraces e unha degustación gastronómica coa que se pechará o Entroido 2020.
Se estás pensando participar, non lle deas máis voltas e inscríbete canto antes para gozar do mellor Entroido da túa vida! Tes de prazo ata o 21 de febreiro, ás 12.00 horas.
Entroido Mariñeiro en CormeE se non podes agardar ata o domingo, o sábado 22 a asociación cultural Comisión de Festas de Corme organizará, xunto co Concello de Ponteceso, unha nova edición do Entroido Mariñeiro (III Festa dos Follados) no que tampouco faltará boa música, gastronomía e, por suposto, moitos disfraces.
A orquestra La Ola ADN será a encargada de dar o ?pistoletazo? de saída na sesión vermú que se celebrará na Praza da Ribeira ás 14.00 horas. Xa pola noite, compartirán escenario con Marmike durante a animada verbena que, como de costume, dará comezo ás 23.59 horas. A música da agrupación Xa Era Hora percorrerá as rúas da vila durante a ronda que realizarán a partir das 20.00 horas.
A xornada tamén deixará momentos de ledicia para os/as amantes do doces de Entroido, que poderán desfrutar dunha degustación de sobremesas, nas que non faltarán variedades aptas para todos os padais cunha ampla selección de produtos sen glute.
Os máis cativos/as tamén terán o seu momento de diversión e moita emoción durante a visita dalgúns dos seus personaxes infantís favoritos, xunto aos que se poderán fotografar polas rúas de Corme (zona de bares) ou a partir das 14h na carpa da sesión vermú. Non faltedes!
Descargas asociadas