Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Asinado coa empresa Construcciones López Cao o contrato para a ampliación da vía do Campo dos Seixos ao Petón de Tella

O Concello de Ponteceso investirá máis de 200.000 euros, achegados pola Deputación da Coruña

Sinatura do contrato da obraO alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, asinou coa empresa Construcciones López Cao, S.L. o contrato correspondente á obra de ampliación da vía do Campo dos Seixos ao Petón de Tella, na que realizaremos un investimento de 206.686,15 euros, achegados pola Deputación da Coruña. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses e cinco anos de garantía.

A actuación desenvolverase ao longo de 380 metros de lonxitude da vía co obxectivo de acadar un ancho total de seis metros. Con esa finalidade procederase á demolición dos muros precisos para a execución da obra, que tamén inclúe a canalización de 290 metros de canalizacións e a construción de 8 pozos de rexistro e 16 arquetas para a correcta recollida das augas pluviais.

Na superficie, a nova vía quedará aglomerada, pintada e coa sinalización vertical correspondente. Así mesmo, está prevista a instalación dunha barreira de seguridade en ámbalas marxes, a reposición dos postes afectados e a adaptación de pozos e arquetas existentes.

Concello de Ponteceso