O fallo darase a coñecer o día 30 nun acto público no que, ademais da entrega de premios, contaremos cunha actuación musical
A Área de Biblioteca conmemora o 70º aniversario do pasamento dun dos galegos máis ilustres organizando o
Concurso de Debuxos de Castelao, un certame dirixido tanto a alumnado de primaria coma de secundaria. Segundo explica a concelleira de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño, os nenos e nenas elaborarán os seus debuxos individuais e entregaranllos aos seus profesores antes do día 29, data fixada para a súa recollida.
Ao día seguinte, o
30 de xaneiro, daranse a coñecer os gañadores en cada unha das dúas categorías establecidas nun acto público que se celebrará na
Biblioteca Municipal de Ponteceso a partir das 18.00 horas.
A Área de Biblioteca establece tres premios para cada categoría:
? 1º premio: cheque de 100 euros
? 2º premio: cheque de 50 euros
? 3º premio: cheque de 25 euros
Os cheques serán canxeables por material nas librerías de Ponteceso.
Ademais da entrega de premios, para o acto do día 30 está prevista a actuación musical do grupo infantil AJA.