Os propietarios dos terreos afectados dispoñen de 15 días para realizar os labores
![](../upload/not/1983-f-MAPA.png)
UFD Distribución Electricidade S.A. vén de comunicar as operacións de xestión da biomasa que pretende realizar no noso concello, en cumprimento da Lei 12/2012 de Montes de Galicia.
A empresa lembra que os propietarios dos terreos están obrigados a xestionar a biomasa nunha franxa de 5 metros nas liñas de distribución de enerxía e fixa un prazo de 15 días para que realicen eses labores. Transcorrido ese prazo será a propia empresa a que as leve a cabo.
Descargas asociadas