Consulta aquí o regulamento provisional e desfruta das novas instalacións
Corme convértese nun lugar de referencia para as persoas afeccionadas ao deporte coa posta en marcha de dúas instalacións pioneiras na nosa contorna:
unha pista de pádel, a primeira de titularidade pública da zona, e
un circuíto de calistenia. O Concello de Ponteceso realizou un investimento próximo aos 50.000 euros.
Para a construción da pista de pádel contamos coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, que financiou as obras integramente. A creación desta nova instalación, situada xunto ao pavillón municipal de Corme, vén reforzar o compromiso do actual goberno local co deporte para promover hábitos de vida saudables e atender as novas necesidades e demandas da veciñanza, incrementando así a actual oferta deportiva municipal.
Na mesma liña, o Concello de Ponteceso vén de habilitar tamén en Corme un circuíto de calistenia, que favorece a práctica do deporte ao aire libre mediante a utilización de aparatos básicos de adestramento.
O alcalde, Lois García Carballido; a concelleira de Deporte, Raquel Fondo, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel González, que realizaron unha visita ás instalacións para comprobar o resultado final, amosaron a satisfacción do goberno municipal por poder poñer a disposición da veciñanza estas novas instalacións, que veñen dar resposta a unha demanda social e que contribuirán ao fomento da práctica deportiva entre os diferentes sectores da poboación.
As novas instalacións xa están a disposición da veciñanza. Para a utilización da pista de pádel vimos de elaborar un
regulamento provisional, que está á vosa disposición no documento axunto.
Como solicitar o uso da pista de pádel:
? Por vía electrónica: ponteceso.gal (sede electrónica)
? Nas oficinas municipais
? No pavillón polideportivo de Corme
Máis información no 616 485 520.Descargas asociadas