? A área de Igualdade conmemorará o 25N con charlas para todo o alumnado do IES Eduardo Pondal e un taller de teatro
? A iniciativa da área de Igualdade engádese ao programa ?Ponteceso Actúa?, que rematará coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
O Concello de Ponteceso tamén participa este ano na campaña ?En negro contas as violencias?, coa que, dende una perspectiva transversal, comunitaria e en rede con outros municipios, queremos concienciar á cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social.
Dende a Concellaría de Igualdade tratamos de implicar ao tecido económico, educativo, asociativo e á cidadanía en xeral para ofrecer dende Ponteceso unha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero. Nesta liña, arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, o departamento que dirixe Noelia Varela Suárez impulsa unha serie de actividades que tratarán de redundar nesa mensaxe.
Deste xeito, o mesmo día 25 celebraremos durante toda a mañá actividades co alumnado do IES Eduardo Pondal, e ás 16.30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas, levaremos a cabo un taller de teatro para mulleres, no que, a través de diferentes técnicas escénicas, poderán aprender a recoñecer distintas violencias de xénero.
A campaña ?En negro contra as violencias? tamén implica ao tecido empresarial. A concelleira Noelia Varela xa repartiu material cos lemas da iniciativa aos comercios de Ponteceso e hoxe mesmo desprazouse a Corme, pero calquera establecemento interesado pode solicitalo na Casa do Concello.
Paralelamente, e na procura desa transversalidade que caracteriza a campaña, dende a Concellaría de Cultura continuamos co programa ?Ponteceso Actúa?, co que pretendemos fomentar a igualdade e o respecto a través de diferentes iniciativas.
Nos últimos meses, dende o departamento que dirixe Ana Pérez Imia colocamos puntos de información nas festas, realizamos actividades co alumnado de secundaria, e esta mesma semana un voluntario e unha voluntaria percorreron os comercios de Ponteceso e Corme para achegarlles información sobre a campaña, que rematará o 25N cun sorteo entre todas as persoas que se sumaron recollendo o seu carné de socio/a. Se ti tamén queres sumarte pasa polo Departamento de Cultura e pide o teu. Aínda estás a tempo!
Descargas asociadas