Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A campaña Ponteceso Actúa chega ao ensino con moi boa acollida e unha ampla participación de alumnado

Despois da boa acollida que tivo a campaña nos eventos celebrados nos últimos meses, Ponteceso Actúa chega tamén ao ensino. Persoal da Concellaría de Cultura, promotora da iniciativa, e do Programa de Volutariado Xuvenil, achegáronse ata o IES Eduardo Pondal para seguir informando e formando arredor da igualdade.

Nesta ocasión traballamos con dous grupos de alumnado, co que fixemos unha serie de dinámicas co teléfono móbil, co ordenador e tamén con murais para facer reflexionar aos mozos e mozas sobre a igualdade e promover entre eles e elas actitudes de respecto. A participación foi moi numerosa e activa, tanto nas aulas coma nas actividades que se desenvolveron durante o recreo nos corredores do centro.

Os rapaces e as rapazas participantes recibiron o seu carné de socio/a de Ponteceso Actúa, que leva na parte posterior información e teléfonos de contacto relacionados coa loita contra a violencia de xénero. O carné está dispoñible tamén en braille e con pictogramas, porque queremos que a campaña sexa inclusiva. Neste sentido, ademais da colaboración da ONCE, queremos agradecer especialmente a de Anabel, unha veciña da parroquia de Tella que é invidente e que hoxe tamén recolleu o seu carné.

É importante que todo o mundo conserve o seu, porque ao remate da campaña, na que contamos coa colaboración da Xunta de Galicia, realizaremos un sorteo entre todos os socios e socias de Ponteceso Actúa para agradecer a vosa colaboración e a vosa implicación.

Concello de Ponteceso