Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O cantautor Carlos Blanco Fadol presentará o domingo 30 en Brantuas o seu videoclip ?Gallego?, dedicado ao seu avó, natural da parroquia

O acto, organizado pola asociación cultural Nosa Señora do Faro en colaboración co Concello de Ponteceso, terá lugar as 12:00 horas no local da entidade

O local da asociación cultural Nosa Señora do Faro de Brantuas acollerá o domingo 30, ás 12:00 horas, a presentación do videoclip Gallego, protagonizado polo cantautor, etnomusicólogo e investigador uruguayo Carlos Blanco Fadol, residente en España e neto dun emigrante natural desta parroquia pontecesá.

O tema que dá nome ao seu último traballo foi composto en honor do seu avó, e tanto os espazos da gravación coma os protagonistas que nel interveñen son da nosa contorna.

Ao acto, organizado pola asociación cultural Nosa Señora do Faro coa colaboración do Concello de Ponteceso, asistirán numerosos activistas culturais da comarca, así coma o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, entre outros. Ao remate haberá un aperitivo para todos os/as asistentes.

Ademais de cantautor e musicólogo, Carlos Blanco Fadol posúe unha colección de instrumentos étnicos, considerada a máis grande do mundo, froito dun arduo traballo de investigación e recompilación levada a cabo en 150 países dos cinco continentes ao longo de 40 anos e que desde o 2006 pode visitarse no Museo da Música Étnica, con sede en Barranda-Caravaca (Murcia), do que é director é fundador.

Coñecida é tamén a súa faceta como inventor de novos instrumentos de carácter didáctico, innovacións musicais, adaptacións para persoas con discapacidade e reproducións de aparatos antigos.

Así mesmo, Blanco Fadol estivo nomeado en dúas ocasións aos Premios Princípe de Asturias na categoría de Artes. A primeira foi en 2006, a iniciativa do embaixador de Malasia en España e a segunda en 2009, a petición da Embaixada e o Ministerio de Cultura de Uruguay.

Concello de Ponteceso